TRABALLAMOS PARA MINIMIZAR O IMPACTO DOS RECORTES

Desde Entreculturas seguimos traballando para manter activos os nosos programas prioritarios. A pesar do contexto de redución de recursos, continuamos centrando os nosos esforzos nas persoas e colectivos que se enfrontan a maiores barreiras para acceder á educación: nenas e mulleres, estudantes con discapacidade, familias con escasos recursos económicos, persoas en situación de migración ou refuxio e aquelas que se viron afectadas por conflitos ou desastres naturais.

¿QUE ESTAMOS A FACER?

Venezuela, Colombia, Nepal: emerxencias humanitarias

A situación

  • Os recentes terremotos que sufriron Venezuela e Colombia e a riada que arrasou Nepal móstrannos a gravidade das emerxencias humanitarias, sobre todo cando afectan a poboacións que xa vivían en situacións de vulnerabilidade.
  • Miles de persoas falecidas, feridas e desaparecidas e miles de familias que o perden todo dun día para outro, enfrontándose á dor, ao medo e á incerteza.

O noso traballo

  • A nosa intervención divídese en dúas fases: a fase de emerxencia e a fase de reconstrución.
  • A fase de emerxencia inclúe unha avaliación rápida de necesidades a través dos nosos equipos no país e unha resposta inicial para atender as necesidades humanitarias máis urxentes. Esta resposta inclúe:
    • aloxamento temporal,
    • artigos esenciais de axuda,
    • servizos de protección,
    • e apoio psicosocial para as persoas e familias afectadas.
  • Na fase de reconstrución, centrámonos en:
    • Educación en emerxencias: para facer posible que a infancia poida seguir accedendo a este dereito.
    • Saúde física e emocional: facilitando o acceso á saúde e ofrecendo apoio psicosocial.
    • Protección e dereitos: para facer posible que as persoas afectadas accedan de forma segura a servizos esenciais e programas de asistencia.
    • Medios de vida: para promover a autonomía económica nas familias que perderon os seus medios de subsistencia.
terremoto venezuela

Haití: un país que resiste

A situación

  • A inseguridade, a violencia armada e a inestabilidade política marcan o día a día de Haití.
  • Desprazamentos forzados, limitacións na mobilidade, interrupcións dos servizos e un clima de incerteza que inflúe en todos os ámbitos, incluída a educación. Case o 60 % da poboación é analfabeta.
  • Máis da metade da poboación, unhas 6,4 millóns de persoas, necesita asistencia humanitaria e prevese que máis de 5,8 millóns padezan fame este ano.

O noso traballo

  • Xunto a Fe e Alegría continuamos acompañando 16 escolas e un centro de formación técnica situados en zonas rurais e periurbanas que dependen case por completo destes espazos educativos.
  • As nosas escolas son unha garantía para a continuidade educativa nun país onde o acceso á educación pode verse interrompido dun día para outro.
  • Para moitos nenos, nenas e mozos, asistir a clase non só significa aprender, senón manter un espazo seguro nun contorno moi incerto.

Sudán do Sur: na fronteira da guerra

A situación

  • Sudán do Sur atópase inmerso nun conflito altamente violento, sufrindo graves carencias en materia de auga, saneamento e hixiene, vulnerabilidade socioeconómica, exposición a desastres naturais e deficiencias na infraestrutura básica. O acceso á atención sanitaria e á educación é escaso.
  • Atravesa unha crise económica de longa duración, sendo incapaz de atender os grupos de persoas máis vulnerables, como as persoas refuxiadas, desprazadas internas e retornadas, xa que Sudán do Sur pasou de ser un país en guerra do que a poboación foxe a ser un país de acollida.
  • Actualmente acolle máis de 500.000 persoas refuxiadas e solicitantes de asilo, sendo Sudán o principal país de orixe, co 94 % das persoas refuxiadas.

O noso traballo

  • Seguimos mellorando o acceso a unha educación equitativa, inclusiva e de calidade a través da formación continua e profesional do profesorado e da distribución de materiais de ensino e aprendizaxe para que o profesorado poida impartir as súas clases.
  • Ofrecemos atención psicosocial e acompañamento á poboación refuxiada e desprazada, especialmente a mulleres en risco e superviventes de violencia sexual e de xénero e a persoas con discapacidade.
  • Fomentamos procesos de construción de paz e cohesión social entre comunidades.
Niños estudiando en sudán

Ucraína: reconstruíndo a educación

A situación

  • A crise que atravesa o país, que xa dura 4 anos, impactou directamente en 5,7 millóns de nenos en idade escolar. 1.863 institucións educativas resultaron danadas, o que supón o 30 % da infraestrutura educativa total do país.
  • Un de cada cinco nenos perdeu entre un e dous anos de escolarización debido á guerra.
  • 665.000 estudantes e 25.000 docentes ucraínos víronse obrigados a desprazarse a países veciños.

O noso traballo

  • Ofrecemos apoio educativo e acompañamento psicosocial a nenos e nenas afectados pola guerra, xa que a mellora académica vai unida á seguridade emocional.
  • Facilitamos a transición dos menores refuxiados ao sistema educativo formal mediante clases preparatorias e mediadores escolares.
  • Implementamos clases do idioma do país de acollida para nenos, nenas e persoas adultas, como porta de entrada tanto á escola como ao mercado laboral (romanés, húngaro, eslovaco, polaco).
  • Mantemos espazos educativos e de acollida infantil nos países de acollida, xa que melloran o estado emocional e as habilidades sociais da infancia refuxiada e desprazada.
  • Desenvolvemos proxectos educativos para persoas adultas para reforzar a autoconfianza e a proxección de futuro.

Co teu apoio transformamos vidas.

Niña sonriente apoyada sobre su cuaderno en un aula, con un lápiz en la mano.
Niños sonrientes en el aula de una escuela del JRS en Sudán del Sur.
ONG
Niños con uniforme escolar sonríen en el patio de su escuela en Venezuela.

En Entreculturas, queremos seguir promovendo o acceso á educación e apoiando a máis persoas en situacións de vulnerabilidade.

¿Cómo quieres colaborar?

Con 80€ conseguimos dos pupitres para dos estudiantes de educación primaria en Guatemala