Abrir os ollos é ABRIR O CORAZÓN
©Annie Spratt
ESTE NADAL CONVIDÁMOSTE A MIRAR O MUNDO
COS OLLOS DA INFANCIA, A COÑECER AS REALIDADES
QUE VIVEN E TAMÉN AS SÚAS HISTORIAS, SOÑOS E ILUSIÓNS.

Convidámoste a abrir os ollos
Ás situacións de conflito e emerxencia
que atravesan en tantos lugares do mundo. E á necesidade de protexelos e ofrecerlles lugares seguros onde poidan reconstruír as súas vidas.
Á empatía, á solidariedade e á inclusión social
A atender as súas necesidades e defender os seus dereitos, a ofrecerlles oportunidades de futuro.
Á paz
A ser conscientes da importancia da educación para fomentar a convivencia, o diálogo e a resiliencia.
Colabora este Nadal




Coa túa doazón podes axudar a protexer nenos e nenas que viven en situacións de conflito, emerxencia ou exclusión e contribuír a que teñan oportunidades para construír o seu futuro.
Como queres colaborar?
Con 80€ conseguimos dous pupitres para dous alumnos de primaria en Guatemala
Proxectos que amplían a nosa mirada

© Dani Villanueva
A LUZ DAS NENAS
A través deste programa, promovemos o dereito das nenas a vivir libres de violencia,acceder á educacióne medrar en contornos seguros.
Xa acompañamos a máis de 71.000 nenas en 20 países, centrándonos en: previr as violenciase fortalecer os seus dereitos; garantir o seu acceso á educación; acompañalas emocionalmente e sandar feridas; e impulsar o seu liderado na educación.
Cando unha nena atopa un espazo seguro, pode recuperar a confianza, facer oír a súa voz, sandar e volver soñar. Garantir os seus dereitos non só transforma a súa vida, senón tamén a da súa comunidade.

© Rodolfo Churion
Emerxencias Humanitarias
Unha emerxencia, como a que vivimos en Venezuela, Colombia ou Nepal, non remata cando desaparece dos titulares.
Por iso, a nosa perspectiva incorpora cuestións fundamentais para a recuperación: acceso a espazos seguros de aprendizaxe para nenos, nenas e mocidade; acompañamento psicosocialás persoas afectadas; apoio ás familias para que recuperen os seus medios de vida e a súa autonomía; e estar ao carón das comunidades para que poidan reconstruír aquilo que a emerxencia interrompeu.
A experiencia demóstranos que a reconstrución non consiste unicamente en reparar o que se rompeu, senón en acompañar as persoas para que poidan volver construír o seu futuro.

Son Cometa
Con esta iniciativa defendemos o dereito da infancia a xogar, aprender e participar na vida dos seus barrios. Da man dos nosos centros sociais: Amoverse en Madrid, Atalaya en Burgos e SJM en Valencia, acompañamos a máis de 300 nenos, nenas e adolescentes e ás súas familias.
- Visibilizar o xogo como un dereito da infancia
- Abrir espazosonde os nenos e as nenas poidan xogar, aprender e convivir en comunidade.
- Recoñecer que os nenos, nenas e adolescentes teñen voz propia.
- Incidir para que as políticas públicasprotexan o tempo e os espazos de xogo.
Entreculturas en cifras
0
Proxectos
0
Persoas acompañadas
0
Países
Construír un futuro de esperanza para a infancia
Grazas á túa axuda, no último ano puidemos estar ao lado de máis de 377.000 persoas e facer posible que reciban axuda humanitaria, protección e acollida. Cada día,traballamos para facilitar que milleiros de nenos e nenas poidan seguir exercendo o seu dereito á educación en 46 países de África, América Latina, Asia e Europa.

© Jaime Murciego

© Fotografía Monteserín

© FyA Camboxa
Necesitamos persoas comprometidas coma ti
A túa doazón axúdanos a acompañar nenos e nenas en situacións de emerxencia, exclusión e desigualdade,
facilitando a súa protección, educación e acceso a un futuro mellor. A túa axuda importa.