DEFENDEMOS O DEREITO Á APRENDITAXE

Desde Entreculturas traballamos da man cos nosos socios locais acompañando, formando e atendendo á poboación máis vulnerable dos países onde estamos presentes. A través dos nosos proxectos, centramos os nosos esforzos en ofrecerlles unha educación de calidade que lles permita acceder a un futuro digno. Traballamos en:
Formación e remuneración de docentes.

  • Mellora de infraestrutura.
  • Material escolar.
  • Foco especial en nenas para que accedan e permanezan na escola.
  • Sensibilización das comunidades sobre a importancia da educación na infancia.

¿QUE ESTAMOS A FACER?

dereito á aprendizaxe 1

Honduras: Educación e protección en contextos de exclusión

A situación

  • A pobreza, a violencia e a falta de oportunidades afectan gravemente a máis do 79% dos nenos, nenas e adolescentes do país.
  • Moitas nenas e adolescentes enfróntanse a discriminación, violencia de xénero e risco de abandono escolar. O 16% das nenas hondureñas sufriu violencia sexual antes dos 18 anos.
  • O acceso á educación é moi limitado, dificultando o acceso a un futuro digno.

O noso traballo

  • Desenvolvemos programas educativos para reducir a fenda educativa e dixital, mellorar a formación docente e ofrecer itinerarios formativos e de empregabilidade.
  • Ofrecemos programas de educación técnica e vocacional para facilitar a inserción laboral da mocidade.
  • Promovemos a autonomía económica das mulleres en zonas rurais, facilitando o seu acceso a un emprego digno.

Chad: Defendemos o dereito á educación das nenas refuxiadas

A situación

  • A pobreza, a falta de infraestruturas e o desprazamento forzado afectan gravemente ao acceso á educación, especialmente en zonas rurais e campos de refuxiados.
  • As nenas sofren altas taxas de abandono escolar, motivadas polo matrimonio precoz, embarazos non desexados, sobrecarga de tarefas domésticas e falta de recursos.
  • O 68% das nenas casa antes de cumprir 18 anos e só un 38% completa a primaria (fronte ao 49% dos nenos). Apenas un 14,1% chega á secundaria.

O noso traballo

  • Prevención do abandono escolar, para que as nenas poidan completar a súa educación e manterse a salvo das violencias que as ameazan.
  • Creación de espazos seguros a través de clubs de nenas onde poden expresar as súas preocupacións e recibir apoio.
  • Educación en hixiene menstrual e sexual e apoio para que poidan desenvolver o seu potencial.
  • Sensibilización da comunidade a través de eventos e campañas para concienciar sobre a importancia da educación das nenas e a prevención do matrimonio infantil.
dereito á aprendizaxe 2

dereito á aprendizaxe 3

Líbano: Educación en contextos de crise e refuxio

A situación

  • O país atópase inmerso nunha grave crise socioeconómica e política, así como nunha crecente tensión nas súas fronteiras, especialmente no sur.
  • Tras os devastadores bombardeos en distintas cidades e nalgúns barrios de Beirut, a situación é crítica. Preto de 201.000 persoas están desprazadas dentro do país, moitas buscando refuxio en instalacións temporais. Ao mesmo tempo, centos de persoas, tanto libanesas como sirias, están fuxindo cara a Siria para escapar dos bombardeos.
  • O Líbano xa acollía a 1,5 millóns de persoas refuxiadas sirias, sendo o país con maior número de refuxiados per cápita.

O noso traballo

  • Traballamos para ofrecer unha resposta inmediata ás necesidades de protección e educación das persoas refuxiadas sirias e das comunidades de acollida no Líbano.
    • Ademais, desde hai máis de 10 anos, traballamos a longo prazo para:
    • Xerar espazos seguros de aprendizaxe e recuperación para nenos e nenas.
    • Fortalecer a capacidade das mulleres.
    • Ofrecer servizos de saúde mental e apoio psicosocial.
    • Garantir o acceso a servizos básicos.

Campaña Dereito á Aprendizaxe de Fe e Alegría

A situación

  • Desde Entreculturas, sumámonos a esta campaña de Fe e Alegría, coa convicción de que a educación inclusiva e de calidade ten o poder de transformar a vida das persoas.
  • Xunto coa Federación Internacional de Fe e Alegría queremos visibilizar as fendas de aprendizaxe que están impedindo que as persoas poidan desenvolver todo o seu potencial e convocar aos líderes de políticas educativas para construír propostas que fortalezcan o dereito a aprender.

O noso traballo

  • Respaldamos as seguintes premisas:
    • Aprendizaxes integrais: recoñecemos que aprender a coñecer, a facer, a ser, a convivir e a seguir aprendendo ao longo de toda a vida é un dereito humano fundamental.
    • Foco no individuo titular do Dereito: defendemos que o Dereito á Aprendizaxe vai máis aló das institucións e estruturas educativas, centrándose na persoa.
    • Calidade educativa: que facilita o desenvolvemento de proxectos de vida plena, mellora o acceso ao mundo laboral e promove a inclusión en sociedades xustas e igualitarias.
    • Garantía de recursos e condicións: as poboacións empobrecidas e excluídas enfróntanse a contextos desafiantes, onde a vulnerabilidade mina o seu dereito á educación e a outros dereitos relacionados.
dereito á aprendizaxe 4

Co teu apoio transformamos vidas.

ONG

En Entreculturas, queremos seguir promovendo o acceso á educación e apoiando a máis persoas en situacións de vulnerabilidade.

¿Cómo quieres colaborar?

Con 80€ conseguimos dos pupitres para dos estudiantes de educación primaria en Guatemala

Ir o contido