O xornal Móvete en Rede. Rapaces e Rapazas 2 forma parte de ¿Igual-Dá?, campaña educativa
en prol da inclusión e a equidade orientada a comprender a orixe das desvantaxes que impiden a igualdade de oportunidades, especialmente no ámbito da educación, e tamén a necesidade de compensalas para transformar as realidades de exclusión.
Móvete en Rede. Rapaces e Rapazas 2 está dirixido ao alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO e propón actividades de transformación desde o cotián.