O xornal Móvete en rede. Mozos 2 forma parte de ¿Igual-Dá?, campaña educativa
en prol da inclusión e a equidade orientada a comprender a orixe das desvantaxes que
impiden a igualdade de oportunidades, especialmente no ámbito da educación,
e tamén a necesidade de compensalas para transformar as realidades de exclusión.
Móvete en rede. Mozos 2 está dirixido ao alumnado de bacharelato
e propón actividades de transformación desde o cotián.