"As aventuras de Kalz e Tin" forma parte de ¿Igual-Dá? campaña educativa pola inclusión e a equidade, orientada a comprender a orixe das desvantaxes que impiden a igualdade de oportunidades, especialmente no ámbito da educación, así como a necesidade de compensalas para transformar as realidades de exclusión.
Nos niveis de Infantil e Primaria promove o desenvolvemento de valores que contribúan a crear unha sociedade máis xusta e solidaria.