Queremos que a educación sexa unha prioridade

A cinco anos de cumprirse o prazo para o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, o Obxectivo 4, relativo á educación de calidade para todas as persoas, non se cumprirá en ningunha das súas metas. A falta de compromiso de moitos estados, dos organismos financeiros internacionais e das instancias políticas multinacionais provocou que os logros sexan insuficientes e que, nalgúns casos, se producisen retrocesos.
Neste contexto, desde Entreculturas, facemos un chamamento á comunidade internacional e a todos os estados a aumentar o investimento en Axuda Oficial ao Desenvolvemento e a non realizar recortes, xa que este investimento repercute directamente na vida de millóns de nenos e nenas en todo o mundo que xa precisan axuda humanitaria para vivir. Ademais, agrava en gran medida a inseguridade global, os desprazamentos, as crises económicas e os conflitos.
Reiteramos tamén o noso compromiso co investimento no dereito á educación para todas as persoas, poñendo o foco nas que viven en situacións de maior vulnerabilidade.

1

Recomendacións aos Estados e á comunidade internacional

  • Incrementar a Axuda Oficial ao Desenvolvemento e a axuda á educación, como vía para promover o desenvolvemento integral dos estados.
  • Ampliar os orzamentos públicos de educación, ata acadar, polo menos, entre un 4% e un 6% do PIB ou, polo menos, entre un 15% e un 20% do total do gasto público.
  • Apoiar as iniciativas nacionais e internacionais de xustiza tributaria, de xeito que os estados poidan fortalecer os ingresos fiscais progresivos.
  • Apoiar o alivio da débeda dos estados de baixo e medio ingreso, de xeito que poidan destinar recursos financeiros aos sistemas educativos públicos.
  • Non aplicar medidas de austeridade aos estados que limiten ou rebaixen os orzamentos educativos.
  • Reducir as disparidades de xénero na educación, incluíndo a súa gobernanza, eliminando toda fenda, estigmatización e prexuízos.
  • Apoiar a formación do persoal docente e a súa capacitación continua, así como a súa participación nas políticas educativas.
  • Establecer salarios competitivos e mellorar as condicións de traballo das e dos docentes.
  • Establecer plans urxentes para eliminar a iniquidade educativa en todas as súas manifestacións e destinar recursos inmediatos para asegurar a educación dos grupos e persoas en risco de exclusión, como as persoas con discapacidade, os pobos indíxenas, as persoas migrantes e desprazadas e as minorías étnicas e culturais.
  • Iniciar consultas internas e multilaterais que permitan establecer, a cinco anos vista, un mecanismo global de seguimento da Axenda de Desenvolvemento Sostible e especialmente das metas do Obxectivo 4. Para isto é necesario establecer mecanismos de esixibilidade capaces de reclamar contas ante a eventual falta de cumprimento e fortalecer os mecanismos de gobernanza internacional a cargo dos estados.
2

Recomendacións a España como Estado asinante da Axenda 2030

  • Cumprir coa Lei de Cooperación para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global na senda de recuperación do investimento cara ao 0,7% do PIB e acadar o 8% da AOD bilateral destinada á educación, así como destinar polo menos o 3% do total da Axuda Oficial ao Desenvolvemento a Educación para o Desenvolvemento Sostible e a Cidadanía Global.
  • Desenvolver políticas de equidade educativa para combater os retos de segregación escolar, abandono educativo temperán, taxas de repetición e fracaso escolar que España afronta.
  • Elevar o investimento público en educación, deseñando un orzamento que permita combater os problemas estruturais.
  • Afiancar a cobertura universal, igualitaria e inclusiva da educación, especialmente a preescolar, en todo o territorio español, así como avanzar na construción dun marco legal para a súa obrigatoriedade.
  • Facilitar o financiamento de todos os custos asociados a estas etapas educativas, incluíndo as actividades extraescolares e o servizo de comedor.
  • Implementar máis medidas fronte ao abandono escolar.
  • Formar ao profesorado na prevención, identificación e xestión dos diferentes tipos de violencia que se desenvolven nas aulas, a realidade da escola rural e a Educación para o Desenvolvemento Sostible e a Cidadanía Global.

Firma para que a educación sexa unha prioridade





A educación é un dereito universal e iso implica obrigas específicas para todos os Estados. Asina agora!

Desde ENTRECULTURAS FE Y ALEGRÍA ESPAÑA trataremos os datos facilitados como Responsable do Tratamiento coa finalidade de… Continúa lendo.

Únete a unha rede solidaria xuvenil

E se queres implicarte aínda máis, únete á Rede Solidaria de mozos que queren cambiar o mundo.

Un programa de participación xuvenil de entre 12 e 18 anos que fomenta o desenvolvemento de valores, actitudes solidarias e aprendizaxe emocional e social para o exercicio da cidadanía global. Escríbenos a educacion@entreculturas.org

Ir o contido