
Consulta a memoria anual
O noso ano en cifras
203 proxectos en 42 países
Base social 32.547 persoas
27 delegacións
13 comunidades autónomas
125.110 seguidores nas redes sociais
401.159 persoas acompañadas
691 centros / 982 profesores
16.596 nenos e adolescentes participantes
Máis de 250 empresas e institucións colaboradoras
24.604.040 € recadados (53,8 % de financiamento privado)
O noso ano en cifras
203 proxectos
42 países
Base social 32.547 persoas
27 Delegacións
13 comunidades autónomas
401.159 Persoas acompañadas
691 Centros. 982 Profesores
16.596 nenos e adolescentes
125.110 seguidores nas redes sociais
Máis de 250 empresas colaboradoras
24.604.040 € de ingresos (53,8 % de financiamento privado)
Transparencia e responsabilidade
Orixe dos recursos
Destino dos recursos
Desglose dos gastos da misión
Destacados das nosas causas en 2024
Derecho a la educación
En 2024 asistimos a unha nova subida da cifra de nenos e nenas sen escolarizar, alcanzando os 250 millóns. Un ano máis, a redución mundial do gasto público en educación puxo en perigo a consecución do 4º dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, algo sobre o que incidimos desde “La Silla Roja”, a Campaña Mundial pola Educación e a campaña “Polo Dereito á Aprendizaxe” de Fe e Alegría Internacional; e unha deriva que contribuímos a contrarrestar destinando o 40% dos nosos fondos de misión a proxectos educativos en América Latina, África, Asia e Europa, destacando, entre outros, o programa “Xerando Oportunidades (GO)”, xunto a Inditex, e o convenio “Cara a un Mundo Dixital e Sostible”, con Accenture.
Desde o Movemento 4.7 -plataforma que impulsamos con Alboan, InteRed e ONGAWA, co apoio da AECID-, monitoreamos os avances das administracións públicas españolas en materia de Educación para o Desenvolvemento Sostible e a Cidadanía Global.
Migración y refugio
A mediados de 2024, segundo ACNUR, 122,6 millóns de persoas no mundo foran desprazadas dos seus fogares por mor de conflitos, violacións aos dereitos humanos ou graves alteracións da orde pública. A través do Servizo Xesuíta a Refuxiados, estivemos presentes en moitas das principais crises do planeta como son Sudán -coa acollida a poboación refuxiada en Chad e Sudán do Sur-, R. D. do Congo, Ucraína -onde seguimos impulsando o programa “One Proposal” no 2º aniversario de guerra-, Venezuela -e as ramificacións da súa crise migratoria en Colombia, Brasil e #Ecuador- e en Oriente Medio, atendendo en Líbano ás persoas refuxiadas de Siria e reclamando un cesamento do fogo para Gaza.
Desde España, quixemos sensibilizar á cidadanía respecto a o que supón “Aprender en Perigo” a través da campaña Escola Refuxio, e unímonos a unha vintena de organizacións para reclamar un Pacto Europeo de Migración e Asilo que priorice a protección das persoas en situación de desprazamento forzoso.
Justicia socioambiental
As choivas torrenciais no estado brasileiro de Río Grande do Sul e as graves inundacións que tiveron lugar na provincia española de Valencia puxeron de relevo a vulnerabilidade humana fronte ao cambio climático. Ante estas catástrofes articulamos unha resposta para ofrecer bens de primeira necesidade e apoio psicolóxico á poboación máis afectada.
Grazas á exposición “Defensoras da Natureza” e á campaña “CHANGE Environment”, promovemos a reflexión entre a comunidade estudantil sobre cuestións como o coidado do medio ambiente e a mobilidade humana por cuestións climáticas.
Desde a Plataforma por Empresas Responsables (PER) celebramos a aprobación definitiva da Directiva europea sobre Dilixencia Debida.
Equidad de género
A perspectiva de xénero ocupa un lugar central na nosa misión, tanto nas nosas accións de Cidadanía (programas formativos ou promoción do liderado xuvenil a través da Rede Violeta) como nos nosos proxectos de cooperación e acción humanitaria.
En 2024 as Cholitas escaladoras de Bolivia compartiron por toda España a súa historia de empoderamento e liberación. A bailaora española Sara Baras uniu a súa voz como embaixadora ao noso programa A LUZ das NENAS. En torno ao 8 de marzo, Día da Muller, denunciamos a vulneración de dereitos que viven as mulleres que encabezan a defensa ambiental. E, a fin de crear unha contorna de traballo máis xusto e seguro, avaliamos o 2º ano de posta en marcha do noso Plan de Igualdade.
Participación y ciudadanía global
No 9º Encontro Global da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas máis de 250 mozos, mozas e docentes de 11 países deseñaron un “Plan de Acción de Axentes de Cambio” co que abordar nas súas contornas os principais desafíos do planeta durante os próximos dous anos. Tamén no 24º Encontro Anual de Entreculturas revisamos as nosas estratexias e reflexionamos sobre cal debía ser a mellor maneira de construír futuro.
A 13ª edición de “Corre por unha Causa” congregou a 16.000 persoas e recadou fondos para impulsar a educación dos nenos e nenas en Ucraína, República Centroafricana e Colombia.
O noso podcast “Voces por unha Causa”, conducido pola escritora e xornalista Julia Navarro, superou os 100 episodios tras algo máis de dous anos de emisión.
Os nosos convenios e programas
Cada ano traballamos para tratar de solucionar problemas educativos comúns a varios países a través de programas que se desenvolven grazas ao apoio de empresas ou outras institucións. A maioría deles son de media ou longa duración e, polo tanto, conseguen acadar un gran impacto nas poboacións coas que traballamos.
- Todas as causas
- Educación
- Migración e refuxio
- Participación e cidadanía global
- Xénero
- Xustiza ambiental
Queres ver a lista completa dos nosos proxectos?