Grazas por ser HUMANIDADE

Este Nadal é un tempo para conectar coa realidade , para seguir loitando pola paz e a solidariedade.

  • Sementando xustiza ante a desigualdade que sofren millóns de nenos que se ven privados do seu dereito á educación.
  • Sentir que somos terra ante a degradación ambiental que ameaza a sustentabilidade da vida.
  • Acompañar na vulnerabilidade a tantas persoas que se ven obrigadas a fuxir dos seus fogares para salvar as súas vidas, que sofren en medio de emerxencias ou conflitos, que son excluídas pola pobreza extrema.

É momento de volver ollar desde o corazón, de seguir ao carón de quen máis nos necesita.

Necesitamos SER humanidade

Grazas ao teu compromiso e solidariedade seguimos traballando para estar ao carón de máis de 400.000 persoas

que viven en contextos de emerxencia, desprazamento ou exclusión.

A través dos nosos proxectos en 42 países de África, América Latina, Asia e Europa, facemos posible que

miles de nenas e nenos teñan acceso a unha educación que os protexe e lles ofrece oportunidades para un presente e un futuro dignos.

Entreculturas en cifras

0

Proxectos

0

Persoas acompañadas

0

Países

Proxectos que son humanidade.

LÍBANO

O Líbano é o país con maior número de persoas refuxiadas per cápita do mundo e acolle arredor de 2 millóns de persoas refuxiadas sirias. Aínda hoxe, dos 700.000 nenos e nenas sirios en idade escolar que viven no Líbano, só un terzo atopan praza nas escolas públicas debido á súa capacidade limitada.

Xunto a JRS, apoiamos a 3.000 nenos, nenas, mozos e persoas adultas nas zonas de Baalbek, Bar Elias e Burj Hammoud en 6 escolas de educación formal, un centro de educación non formal e ofrecendo apoio psicosocial a través de 3 centros sociais.

MADAGASCAR

Na zona rural e periférica da rexión de Haute Matsiatra, a pobreza e a falta de oportunidades económicas provocan que moitos nenos e nenas abandonen a escola para axudar ás súas familias en labores agrícolas ou domésticas. Esta dinámica xera un ciclo de exclusión que perpetúa a pobreza e limita as oportunidades futuras da infancia.

Traballamos en seis escolas primarias rurais, ofrecendo formación e acompañamento pedagóxico básico ao profesorado de primaria e fortalecendo as capacidades familiares e comunitarias para a sustentabilidade escolar e a permanencia dos nenos e nenas na escola.

SON ACOLLIDA

Máis de cen millóns de persoas víronse obrigadas a migrar na procura de mellores oportunidades, para escapar da pobreza, a exclusión ou a violencia. Non obstante, ao longo do camiño, enfróntanse á violencia, ao abuso, ao crime organizado e ao rexeitamento. As mulleres e os nenos, en particular, son os máis vulnerables nestas situacións.

Dende Pueblos Unidos e Entreculturas, queremos promover unha cultura de acollida, hospitalidade, xustiza social, inclusión e solidariedade nos barrios de Madrid, a través da campaña SOY ACOGIDA.

necesitamos xente

comprometido coma ti

Ir o contido