Desta vez foi a lectura a gran protagonista do acto, onde as rapazas e rapaces de 3º e 4º de primaria do colexio San Rosendo leron os seus propios contos creados para este acto, e ademais tamén participaron na lectura dos relatos recollidos no libro SAME 2009.
Neste maratón estivo a concelleira Yolanda Díaz e a escritora Rosa Regás, gañadora no ano 2001 do premio planeta coa novela de intriga La canción de Dorotea, así como de numerosos premios, e tamén directora da Biblioteca Nacional de España no periodo 2004-2007, e as dúas mostraron o seu apoio a esta campaña e a súa adhesión facendo o xesto da mesma.
Unha tarde moi especial a vivida en Ferrol o venres 23 para esixir a través da lectura que os líderes políticos, tanto mundiais, nacionais e locais, cumpran os seus compromisos e no 2015 teñamos unha educación universal e de calidade para todas e todos as nenas e nenos do mundo.
