A revista Móvete en rede. Mozos 3 forma parte de Igual-Dá? campaña educativa a prol da inclusión e a equidade, orientada a comprender a orixe das desvantaxes que impiden a igualdade de oportunidades, especialmente no ámbito da educación, e tamén a necesidade de compensalas para transformar as realidades de exclusión.
Móvete en Rede. Mozos e mozas 3 está dirixida ao alumnado de bacharelato e propón actividades de transformación desde o cotián.




