Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2017-2018
- España
Galicia
Línea de acción - Entreculturas:Educación para el desarrollo
Sublínea de acción - Entreculturas:Educación para el desarrollo
Estado del proyecto:En ejecución
Fecha de inicio:1 Aug 2017
Fecha prevista de finalización:31 Jul 2018
Socio local:FUNDACIÓN ENTRECULTURAS
Financiador:FUNDACIÓN ENTRECULTURAS || Xunta de Galicia
Financiación aportada:39 000€
Código de proyecto:17/REDGA/038
O proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes), que se executa en Galicia desde 2004. Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que, á súa vez, incrementan as competencias de compromiso social e cidadanía global dos mozos e mozas galegas nos seus centros de ensino.
Ademais, favorece a súa formación nas temáticas de cidadanía global, así como a reflexión e concienciación sobre os problemas sociais locais e globais. En Galicia, desde 2004 teñen participado no programa 34 centros de ensino, 4.000 mozos/as e preto de 70 docentes